Cesta Benvida e parto na casa

By | noviembre 22, 2017

Un dos maiores problemas que nos atopamos sempre cando unha familia decide ter o seu fillo na casa, é cómo facer para obter a cartilla para o recén nacido, que ven dentro da famosa “Cesta de Benvida” ou “Caixa Finlandesa”.

Cesta Benvida. Nacemento de Nora. 2017

Todas as mulleres que pariron na casa dende entón (agosto do 2016), atopáronse coa mesma resposta, “aquí non sabemos nada desa caixa”, pero sen embargo, xa no verán do 2016, dende a Xunta, falábase de que “tería dereito a recibila calquera nai, con independencia dos seus ingresos e do seu patrimonio, que deran a luz nos hospitais das catro provincias galegas, xa foran públicos como privados. E, se @ nen@ nacese na casa, entón a poderían solicitar no centro de saúde correspondente. Deixovos o enlace dunha das publicación en prensa, onde se di https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/08/02/span-langgl-caixa-finlandesa-ben-chula-ven-cun-pouco-polo-e-span/0003_201608G2P6995.htm) e da web www.familiasgalegas.org , onde podedes atopar un pdf coas prestacións da Xunta de Galicia http://www.familiasgalegas.org/familias/Vista/Archivos/Menu/7_Prestacions_da_Xunta.pdf

Despois do nacemento da miña segunda filla, intentei por todos os medios conseguila, e grazas a miña marabillosa enfermeira de pediatría, por fin mandaron a dichosa caixa.

Así que, se é o voso caso , sabede que é a enfermeira de pediatría, pediatra ou a vosa matrona do centro de saúde os que poden solicitala, e sempre e cando a nai a pida, é dicir, que non lles deixan ter unha reserva no Centro de Saúde para as mulleres que poidan parir na casa, senon que se pide tras o nacemento.

Os pasos a seguir serían:

  • Escribir un correo a Consellería de Sanidade ( dende o seu correo corporativo)  coordinación.saude.publica@sergas.es 
  • Chamar por teléfono á Consellería o 981544650 solicitando unha Cesta para o Centro de Saúde ( Non teño claro de que sexa o número directo, pero foi dende o que a chamaron, e corresponde o Servizo de Familia e Conciliación).

Non é que sexa grande cousa, pero algunha necesaria, como a cartilla do recén nacido. Na nosa caixa viña ademáis: un peine, auga de colonia, champú, unha crema para o cú do bebé, un saquiño de semillas anticólico, un libro dos bolechas, pañais, toalliñas , esponxas e as indicacións para solicitar a tarxeta benvida.

Espero que sirva de axuda a todas as familias galegas que opten por ter @s seus / súas fill@s no fogar.

2 thoughts on “Cesta Benvida e parto na casa

  1. Íñigo Montesino

    A mí esto de la caja me parece una tontería enorme. No es más que propaganda de las casas comerciales, y que la Conselleria de Sanidade (sanidad pública) tenga que hacer de anunciante de la empresa privada me parece vergonzoso. No puede ser que se utilicen los servicios públicos como “tablón de anuncios” de los vendedores de cachivaches perinatales.

    Reply
    1. Luna de Brigantia Post author

      Gracias por tu comentario Íñigo
      Estamos totalmente de acuerdo contigo, pero es la única manera que tenemos para conseguir la cartilla del recién nacido en un parto en casa.
      Un abrazo

      Reply

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *